Friday 17 de May de 2024

Cambre comezará a rescisión do contrato do PXOM tras a decisión do Consello Consultivo que dá a razón ao Concello


CO Concello de Cambre recibiu o pasado día 2 de decembro a resolución do Consello Consultivo sobre a consulta legal que realizou no procedicimiento referente ao Plan Xeral de Cambre. O Concello resolveu conceder dous meses inaprazables á UTE encargada do PXOM para a redacción, corrección e adaptación do mesmo ás novas leis autonómicas. A UTE negouse e alegou que non estaba de acordo nos palzos e esixía máis diñeiro para realizar as mencionadas adptaciones. Ante esta controversia o Concello decidiu mandar a Consello Consultivo esta discrepancia de pareceres.

O Consello consultivo di textualmente “que informa favorablemente a proposta de resolución do concelleiro responsable dá área de Urbanismo”. Entende que nas cláusulas do contrato que a adxudicataria asinou no seu momento estipulábase que non habería revisión de prezos e que estaría obrigada a realizar as adaptacións oportunas sen ningún sobrecusto engadido polo que entende que a decisión do Concello é axustada á legalidade.

Despois de varios meses esperando pola decisión do Consultivo, o Concello comezará agora a rescisión do contrato coa adxudicataria para sacar de novo a redacción do Plan Xeral a contratación. A resolución do contrato deberá remitirse, tal e como obriga a lei, de novo ao Consultivo, aínda que unha vez remitido poderase iniciar o proceso de contratación do novo concurso público para a redacción do Plan Xeral.